
Inicio de nuevo grupo de MS Office 2016 para Universidade de A Coruña
Descarga del borrador de la convocatoria
Nuevo grupo de informática para preparar la OEP 2022 + 2023 pendiente de convocatoria.
Número de plazas ofertadas: 7 + 13 = 20 plazas ( reserva 2 plazas grado discapacidad >33% )
Comienzo del curso: 05/06/2024
Horario: Miércoles, 20:00 – 22:00 horas
Precio: 65 €/mes
(el importe de la matrícula se descuenta en la primera mensualidad)
Metodología: Puedes consultar la metodología de la preparación en el siguiente enlace
DATOS DEL PROCESO SELECTIVO
De conformidade co establecido nas resolucións do 19 de decembro de 2022 (DOG núm. 245 do 27 de decembro) e a súa corrección de erros (DOG núm. 5 do 9 de xaneiro) e do 24 de maio de 2023 (DOG núm. 102 do 31 de maio) polas que se aproban as ofertas de emprego público de persoal técnico, de xestión e de administración de servizos (PTXAS) para os anos 2022 e 2023 respectivamente, esta xerencia, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e dos Estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para cubrir prazas vacantes en diferentes escalas e subescalas da Universidade da Coruña (UDC), mediante quenda libre, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria
Número de plazas ofertadas: 7 + 13 = 20 plazas
Destas prazas, resérvanse 2 prazas de posto base administrativo/a para as persoas que teñan recoñecida unha discapacidade de grao igual ou superior ao 33 %.
No suposto de que estas prazas da cota de reserva non se cubran, acumularanse ás da cota xeral de acceso libre.
Os/as aspirantes só poderán participar nunha das dúas formas de acceso, acceso libre xeral ou acceso pola cota de reserva para persoas con discapacidade.
O sistema de selección será o de concurso-oposición libre
EJERCICIOS DEL PROCESO SELECTIVO
PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
FASE DE OPOSICIÓN: 70 puntos
Primeiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, para aqueles/as candidatos/as que non acrediten posuír, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais, acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, e, consistirá na realización dunha proba en que se comprobará que posúen o nivel de Celga 4 de comprensión e expresión oral e escrita da lingua galega, en especial da linguaxe administrativa, por ser unha linguaxe de especialidade presente na súa esfera profesional. Cualificarase de apto ou non apto. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 60 minutos.
Segundo exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio. 40 puntos
Consistirá en contestar un cuestionario tipo test de carácter teórico-práctico constituído por 100 preguntas (máis cinco de reserva, que só se corrixirán no caso de anulación dalgunha pregunta), con catro respostas alternativas, das que só unha delas é a correcta, sobre o temario completo da convocatoria que figura como anexo II desta convocatoria. Todas as preguntas terán a mesma puntuación e cada resposta errónea descontará o 25 % do valor da resposta correcta. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 120 minutos. A puntuación será de 0 a 40 puntos e para aprobar será necesario obter un mínimo de 20.
Terceiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio. 30 puntos
Consistirá na realización dunha proba práctica dirixida a apreciar e valorar os coñecementos informáticos e a capacidade no manexo das aplicacións de Word e Excel do Office 2016. Cada asistente contará cun equipo informático para o desenvolvemento do exercicio. O tribunal dará as instrucións que considere necesarias para a súa realización e fixará o tempo de realización deste exercicio que terá unha duración máxima de 90 minutos e que consistirá no desenvolvemento dun suposto práctico. Cualificarase de 0 a 30 puntos e para aprobar será necesario obter un mínimo de 15 puntos.
FASE DE CONCURSO: 30 puntos
A) EXPERIENCIA
Ata un máximo de 20 puntos.
Por servizos prestados na Universidade da Coruña como funcionario de carreira ou interino, ambos da escala xeral
TEMARIO (según última convocatoria realizada)
Pendiente de publicación
