Os facilito a continuación esta herramienta que permite calcular la puntuación de un ejercicio de oposición.
El cálculo está basado en los criterios de corrección que suelen facilitar los tribunales antes de la celebración de los ejercicios. Se reproduce a continuación un ejemplo:
1. CUESTIÓNS XERAIS SOBRE A PROBA
O primeiro exercicio consiste en contestar por escrito un cuestionario de oitenta (80) preguntas tipo test relacionado coa parte xeral do programa contido no anexo da convocatoria.
O exercicio dispón de seis (6) preguntas de reserva.
As persoas aspirantes deberán sinalar na folla de exame as opcións de respostas que estimen válidas consonte ás instrucións que se lles faciliten.
As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha será a correcta.
As regras de puntuación serán as seguintes:
a) Cada resposta correcta equivale a unha unidade de puntuación.
b) Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.
c) As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.
As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio e substituirán as preguntas anuladas na orde respectiva.
O tempo máximo de duración deste exercicio será de noventa (90) minutos. Todo isto, sen menoscabo da adopción de medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con adaptacións específicas gocen de similares condicións para realizar os exercicios que as restantes participantes.
2. DETERMINACIÓN DA SUPERACIÓN DA PROBA E DO NÚMERO DE APROBADOS
En cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio indicado, o tribunal acordou que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que acaden as mellores puntuacións ata completar un número de 480 persoas, sempre e cando acaden o mínimo do 50% das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
De darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40% das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de 480 persoas.
En caso de empate, todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque o corte, consideraranse igualmente aprobadas, aínda que se superase o número de aspirantes antes indicado.
O exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos.
Asignarase a valoración de 25 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre 25 e os 50 puntos, proporcional ao número de respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un cuarto dunha pregunta correcta).
Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.
Espero que os sea útil.